Boas a todxs,
Sinto o retraso da entrada desta semana, por desgraza houbo pouco tempo para facer unha publicación, desta volta traio unha noticia traducida, xa hai sha3!
Para que non o saiba, SHA é un algoritmo de "hash" (cifrado) seguro (Secure Hash Algorithm) que foi deseñado pola Axencia Nacional de Seguridade dos Estados Unidos e publicado pola Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), esta semana finalizou coa última ronda a competición polo 3º estándar deste cifrado e os gañadores foron KECCAK e a continuación a noticia:
O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) alégrase de anunciar a selección de KECCAK como o gañador da competición de Algorimos Hash Criptográficos SHA-3 e como novo algoritmo de hash SHA-3. KECCAK foi deseñado por unha equipa de criptógrafos de Bélxica e Italia, eles son:
• Guido Bertoni (Italy) of STMicroelectronics
• Joan Daemen (Belgium) of STMicroelectronics
• Michaël Peeters (Belgium) of NXP Semiconductors
• Gilles Van Assche (Belgium) of STMicroelectronics.
NIST anunciou formalmente a competición SHA-3 no 2007 cunha chamada aberta a envíos de algoritmos hash candidatos e tiña recibidos 64 candidatos de criptógrafos a redor do mundo. Nun proceso de revisión en curso, que incluiu dúas conferencias abertas, a comunidade criptográfica proveu dunha enorme cantidade de observacións expertas, e NIST reducíu os 64 candidatos orixinais a cinco candidatos finalistas – BLAKE, Grøstl, JH, KECCAK e Skein. Estos finalistas foron revisados nunha terceira conferencia pública en marzo do 2012.
NIST escolleu a KECCAK sobre os outros catro excelentes finalistas polo seu elegante deseño, amplio marxen de seguridade, bon rendimento xeral, excelente eficiencia en implementacións de hardware e pola súa flexibilidade.
KECCAK emprega un novo modo de encadenamento de "construcción de esponxa", basexado nunha permutación fixa que pode ser fácilmente axustada para intercambiar resistencia por ancho de banda e, pode xerar hashes máis grandes ou pequeños según se requira. Os deseñadores de KECCAK definiron ademáis un modo de encadenamento modificado que prové cifrado autenticado.
Adicionalmente, KECCAK complementa ben a existente familia de algoritmos de hash SHA-2. NIST ten confianza na seguridade de SHA-2 que está agora ampliamente implementado e, o algoritmo de hash SHA-2 continuará sendo empregado no futuro inmediato, como indica a política do hash de NIST. Un beneficio que KECCAK ofreceu co SHA-3 é a súa diferenza no deseño e implementación co SHA-2. Parece moi improbábel que un novo ataque criptoanalítico ou aproximación poida ameazar a ambos algoritmos. Asímesmo, as grandes diferenzas de implementación entre os dous algoritmos permitirán maior flexibilidade aos futuros deseños de aplicacións e protocolos cun algoritmo que se axuste mellor as súas necesidades.
NIST agradece as moitas compañías, universidades, laboratorios e organizacións ao redor do mundo que participaron e contribuíron á competición do SHA-3, especiamente aos remitentes dos algoritmos candidatos e aos moitos outros que contribuíron con criptoanálisis experto e estudos de rendemento. NIST non podería ter feito a competición sen eles.
Un informe detallado da ronda final publicarase nun futuro próximo. Hay información dispoñíbel sobre aa competición SHA-3 en: www.nist.gov/hash-competition.
Fonte: http://csrc.nist.gov/groups/ST/hash/sha-3/winner_sha-3.html
Agradecementos ao kenkeiras, el xa sabe porqué :)
Saúde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario