Antes de nada ubicarémonos nun directorio vacío, iremos creando arquivos así que é mellor evitar manter as cousas separadas ;).
Ollo de novo! Netkit utiliza os arquivos dunha forma un pouco “especial”, crea arquivos moi grandes (uns cantos xigas ), nos que apenas garda nada, isto pode parecer un problema de non ser por que o tipo de arquivos utilizado coñecese coma `sparse`, que permite que de forma transparente ó proceso se almacenen só os datos gardados, non hai que facer nada especial para isto, só utilizar un formato de partición moderno, así que para isto hay que evitar a toda costa FAT ;)
Ben, ímos aló, para levantar unha máquina faremos:
vstart <nome da máquina>
Por exemplo:
vstart proba
Se queremos apagala podemos facelo dende a propia máquina con:
poweroff
Ou dende o anfitrión con:
vhalt <nome da máquina>
Por suposto algo pode faiar, se queremos forza-lo peche faremos:
vcrash <nome da máquina>
E xa está, xa temos unha máquina preparada, pero isto saberanos a pouco, non?
Imos conectar unhas cantas máquinas, para facer isto temos que conectar as interfaces a un "dominio de colisión", estes funcionan coma un hub, para facelo engadiremos o flag --eth<N>=<dominio de colisión> .
Nota: por suposto tedes máis opcions, pódense consultar con
man vstart
Levantamos entón 3 máquinas conectadas o dominio:
vstart --eth0=dom1 maq1 vstart --eth0=dom1 maq2 vstart --eth0=dom1 maq3
Agora, a configura-la rede, na máquina 1:
ifconfig eth0 10.1.1.1
Na máquina 2:
ifconfig eth0 10.1.1.2
E na terceira:
ifconfig eth0 10.1.1.3
Feito isto, xa podemos enviar datos de unha máquina a outra:
Pero se temos que facer isto con cada máquina cada vez non acabamos nunca, para isto están os laboratorios, partindo dun directorio vacío creamos outro dentro por cada máquina co seu nome, por exemplo, se a rede que queremos montar fora así:
mkdir maq1 mkdir maq2 mkdir maq3 mkdir maq4 mkdir ponte
Despois escreberemos nun arquivo lab.conf a configuración do laboratorio, por exemplo, neste caso:
maq1[0]=dom1 maq2[0]=dom1 maq3[0]=dom2 maq4[0]=dom2 ponte[0]=dom1 ponte[1]=dom2
E xa está conectado, falta asignar as IP, así que creamos un arquivo para definir o que se fai ó inicio:
maq1.startup
ifconfig eth0 10.1.1.2 netmask 255.255.255.0 route add -net 10.1.2.0/24 gw 10.1.1.1
maq2.startup
ifconfig eth0 10.1.1.3 netmask 255.255.255.0 route add -net 10.1.2.0/24 gw 10.1.1.1
maq3.startup
ifconfig eth0 10.1.2.2 netmask 255.255.255.0 route add -net 10.1.1.0/24 gw 10.1.2.1
maq4.startup
ifconfig eth0 10.1.2.3 netmask 255.255.255.0 route add -net 10.1.1.0/24 gw 10.1.2.1
ponte.startup
ifconfig eth0 10.1.1.1 netmask 255.255.255.0 ifconfig eth1 10.1.2.1 netmask 255.255.255.0
E xa está, so queda levantar todo, coa órde:
lstart
Para rematar, as órdes para manexar os laboratorios son coma os das máquinas individuais pero comezando por 'l':
lstart lhalt lcrash
Por suposto, temos moitas máis opcións accesibles dende o manual:
man lstarte
man lab.conf
Espero que vos resulte útil, saúdos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario