Spout
Ímos comezar polo exemplo máis extremo, spout é un xogo monócromo en dúas dimensions no que un debe ascender nunha cova impulsando a nave representada por un cadrado a vez que coa "metralla" que sae do sistema de propulsión elimina os obstáculos, isto leva a curiosa situación de que se a nave "dispara" cara arriba para limpa-lo camiño, cae, e se se impulsa deica arriba os obstáculos quedarán indemnes, polo que teremos que balancear as dúas cousas.XScavenger
XScavenger é un xogo de puzzles no que un debe recoller todo-los obxectos e escapar do nivel a vez que escapa dos inimigos, para isto posee os impoñentes poderes de subir e baixar escadas e excavar recadros ó seu carón, moi curioso.Noiz2sa
E voltando os xogos de "naves", noiz2sa é o que chaman un shooter abstracto, un xogo no que hay que disparar a todo o que se mova, mentres esquivamos o alude de balas dos malvados cadrados:Nota: do escritor de Noiz2sa, Kenta Cho hai máis xogos que compre probar coma Tumuki Fighters, mu-cade ou Torus Trooper.
E vos, que xogos atopáchedes?
No hay comentarios:
Publicar un comentario