martes, 30 de octubre de 2012

Outra de esteganografía con imáxes [python]

Fai pouco máis de un mes, hacklego amosaranos unha técnica de esteganografía neste mesmo blogue, daquela a forma de ocultar a información era deixala o final do arquivo, polo que a imaxe non se vía modificada, esta técnica é chamada EOF (de End Of File, "Fin do arquivo").

Desta vez ímos probar outra forma de facelo, LSB (de Least Significant Bit, "Bit menos significativo"), isto é, en vez de mante-la integridade dos arquivos por separado, ó arquivo a ocultar esconderase nos bits con menor significado da imaxe, supoñamos que cada píxel está composto por 3 cores "primarias": vermello, verde e azul, cada un deles está a súa vez representado por un número de bits, por exemplo, nun BMP de 24 bits 8 deles corresponderían a cada cor. Se temos 8 bits para representar a forza do vermello, cambiar o máis significativo nótase 128 veces máis que o menos significativo, cambiar un faría moi claro o cambio mentres que cambiar o outro é indistiguible a simple vista.

lunes, 29 de octubre de 2012

Descubrindo os arquivos que abre un programa [Twitcode XIII] [Bash]

Imáxinadevos que un programa da problemas e parece que non lé a configuración, como podemos saber onde a busca? pois lendo do que fai "open":
strace <comando> 3>&2 2>&1 1>&3 |grep ^open


Agora a explicación

domingo, 28 de octubre de 2012

Tracerouteando con PING!

Boas a todxs,

Hoxe imos a falar dun par de comandos de rede, concretamente das aplicacións ping e traceroute. Basicamente imos entender como funcionan e aprender a "traceroutear" con ping.

Que é ping (Packet Internet Groper)? É un programa que se emprega polo xeral para medir a latencia ou tempo de resposta na comunicación entre dous puntos remotos. Isto faise enviando paquetes de control (ICMP, Internet Control Message Protocol), construidos no nivel de capa de rede, estes paquetes o que fan é notificar cando existe un erro para un servicio determinado ou cando un router ou host non se dan localizado. O comando ping implementa unha request de resposta para ese paquete puidendo así recibir a información desaxada coma o tempo de resposta ou a cantidade de hosts polas que pasa.

Que é traceroute?

lunes, 22 de octubre de 2012

Montando redes con Netkit (II: Montando un laboratorio)

Continuamos co Netkit, proxecto que usa unha distro Debian Linux modificado para executarlo no espazo de usuario (é dicir, coma un programa normal), agora veremos coma montar un "laboratorio" no que conectar unhas cantas máquinas.

Antes de nada ubicarémonos nun directorio vacío, iremos creando arquivos así que é mellor evitar manter as cousas separadas ;).

Apagar a luz da pantalla dun portátil [Twitcode XII][Bash]

echo 0 | sudo tee /sys/class/backlight/*/brightness

Nota: Para darlle luz de novo podemos facelo no atallo de teclado que espero que teña :P.

A orde anterior pon a 0 a luz que ilumina a pantalla dun portátil (descoñezo se serve nun ordeador de sobremesa).

sábado, 20 de octubre de 2012

Mapeando imaxes con GIMP para a nosa páxina web.

Boas a todxs,

Esta semana imos ver como mapear as nosas imaxes dun xeito moi, moi sinxelo, para isto empregaremos o gimp, mapear empregase en html para definir unha area dunha imaxen na que clickeando enriba nos levará a unha determinada etiqueta, directorio ou ligazón que desexemos. Unha vez aberta a nosa imaxe co gimp imos a filters > web > image map, como indicamos na imaxen.

A continuación

lunes, 15 de octubre de 2012

Montando redes con Netkit (I: instalación)

Netkit é un proxecto que usando User Mode Linux como máquinas virtuais para experimentar coas redes, a ventaxa é que cada máquina consume pouca CPU, uns 15 megas de memoria e danos bastante control sobre a topoloxía da rede. Sabendo isto comezamos polo principio, hoxe ímos instalalo:

domingo, 14 de octubre de 2012

Colorear unha expresión regular [Twitcode XI][Bash]

A seguinte función en bash toma un parámetro e colorea o que recebe pola entrada estándar segúndo esa expresión regular.

colorize () { sed "s/$1/\x1b[1;91m&\x1b[0m/g"; }

Tira do programa `sed` para substituir o parámetro por `\x1b[1;91m` (símbolo que advirte a consola que coloree de vermello o que segue), `&` (a cadéa orixinal), e `\x1b[0m` (fin da coloración).

sábado, 13 de octubre de 2012

Protocolos nas comunicacións.

Boas a todxs,

Esta semana imos falar de protocolos, a idea de escreber sobre eles veu cando en clase de linguaxe de marcas a xente facía as cousas sen preguntarse "por que?" e cando tocou facer ligazóns a direccións non locais, descargas ou correo, houbo un bloqueo xeralizado por unha chorrada. Moitas veces téndese a estudar sen preguntarse moi ben como funciona o que hai detrás e neste caso, entendendoo resultaría todo máis sinxelo así que vamos definir un pouco que é un protocolo, algún exemplo deles e logo unha breve explicación do seu uso en html.

lunes, 8 de octubre de 2012

Esas xoias perdidas [Xogos]

Boas, hoxe ímos botarlle unha ollada a algúns xogos dos repositorios de Trisquel que teñen ese aire pouco pulido que teñen os clásicos, con gráficos e  mecánica simple, cunha historia que varía entre nula e inexistente son xogos que un non presentaría a un concurso pero entreteñen mentres un, por exemplo, espera o tren e curiosamente soen ter ideas interesantes na súa base.

domingo, 7 de octubre de 2012

Limpar espazos o principio e final dunha cadea [Twitcode X][C]

Hoxe imos copiar unha cadea sen os espazos o comezo e o final:

char *strip(char *s){for(;s[0]==' ';s=&s[1]);s=strdup(s);int l=strlen(s)-1;while(s[l]==' ')s[l--]='\0';return s;}

Actualización: @varogb7 aporta unha versión máis eficiente, que só recorre unha vez a cadea (a diferencia das dúas que o fai o anterior), tedes o código aquí a continuación. Moitas grazas polo apoio! ;)

Xa hai SHA-3! [Criptografía]

Boas a todxs,

Sinto o retraso da entrada desta semana, por desgraza houbo pouco tempo para facer unha publicación, desta volta traio unha noticia traducida, xa hai sha3!

Para que non o saiba, SHA é un algoritmo de "hash" (cifrado) seguro (Secure Hash Algorithm) que foi deseñado pola Axencia Nacional de Seguridade dos Estados Unidos e publicado pola Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), esta semana finalizou coa última ronda a competición polo 3º estándar deste cifrado e os gañadores foron KECCAK e a continuación a noticia:

O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) alégrase de anunciar a selección de KECCAK como o gañador da competición de Algorimos Hash Criptográficos SHA-3 e como novo algoritmo de hash SHA-3. KECCAK foi deseñado por unha equipa de criptógrafos de Bélxica e Italia, eles son:

• Guido Bertoni (Italy) of STMicroelectronics
• Joan Daemen (Belgium) of STMicroelectronics
• Michaël Peeters (Belgium) of NXP Semiconductors
• Gilles Van Assche (Belgium) of STMicroelectronics.

lunes, 1 de octubre de 2012

Escrebendo un script que avise no email de novas entradas nun Atom [python] (Parte 2: a base de dados e o correo)

Nun post anterior viramos como escreber un programa que lera os Atom, neste imos ver como decatarnos de que unha entrada é nova e como enviala por correo electrónico.

A base de dados
Como base de dados imos a usar SQLite3, que non require software externo e python implementa como parte da libraría estándar: http://docs.python.org/library/sqlite3.html