Twitcodes, que son?

Twitcodes será unha nova sección semanal que se publicará os domingos, nesta sección compartiranse scripts (En calqueira linguaxe: Python, C, Perl, PHP, ...) ou ben de 140 caracteres ou menos ou ben dunha extensión calqueira mais non máis dunha liña. A idea é que sexan códigos funcionais, desde un script que sexa útil no día a día até unha demostración matemática.

Para facelo máis interesante tanto o script como a funcionalidade deberán estar explicados.

As bibliotecas que se empreguen non se contarán como parte do código, por exemplo, calqueira programa en C precisa dunhas instruccións ao prepocesador no que se lle indican as bibliotecas que precisa para a súa compilación, pois ben, estas bibliotecas non contarán como parte de código para abrir as posibilidades.

A idea é que vos animedes a participar co voso twitcode, podedes facelo enviando un correo a contacto.hackliza@gmail.com ou ben participando na nosa listaxe de correo de google groups.

Por último, un exemplo de twitcode, neste caso non funcional e pouco interesante mais para que vexades a que me refiro coa excepción.

main(){int sober=10,beer=0;while(sober>0,beer++,sober--){printf("Outra birra, camareiro!\n");getchar();}printf("Vai durmir, chuzado.\n");} 

Como podedes ver precisariamos de
#include < stdio.h>
mais non o engadimos e non o temos en conta para termos mais opcións de twitcodes válidos. Iso si, non vos esquezades de mencionalo na explicación do twitcode

Animádevos a participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario