Este nadal, de autoagasallo, como bo geek tiña que caer algo e caeu, neste caso unha nexus 7. Os primeiros días non fuchiquei moito con ela porque non me chegara a funda, protecto de pantalla e demais e son un tiquismiqui mais, hoxe xa cacharreei todo o que puiden e máis e tiven un problemiña que a base de ler conseguin solucionar. O problema trata, que cando conectaba a tablet ao meu PC con Fedora instalado este non a recoñece. Fedora, é compatíbel con MTP (Media Transfer Protocol) pero non recoñecía o dispositivo en cuestión e conseguin atopar, que, grazas ao ADB (Android Debug Bridge) que é unha ferramenta incluída no kit de desenrolo de Android, que, polo xeral xa vén instalada de serie nas últimas distribucións de GNU/Linux e posteriormente montandoa poderemos conectar sen maior problema. Esta foi a solución.
· Instalamos o necesario
$ sudo yum install -y yum install simple-mtpfs libmtp
· Creamos o udev rules para o nexus 7