miércoles, 12 de diciembre de 2012

"Ubuntu ten software espía" Richard Stallman dixit

Boas a todxs,

Esta semana traio esta breve nova traducida que está causando bastante rebumbio xa que é o creador do Proxecto GNU e o lider da Fundación do Software Libre (FSF), Richard Stallman quen chamou "spyware" a Ubuntu.

Por que? Debido a que o sistema operativo envía datos ao seu fabricante Canonical, cando un usuario realiza unha procura no escritorio.

Como? Debido ás capacidades de procura de Amazon que vén integrado no entorno de Ubuntu e apresentado por vez primeira no Ubuntu 12.10. Stallman equipara esta integración de procura de Amazon no escritorio de Ubuntu a "ter instalado un código de vixilancia" e o mesmo Mark Shuttleworth, fundador de Canonical, respondeulle persoalmente a el aos seus usuarios.

"En Ubuntu, unha ampliamente empregada e influínte distribución GNU/Linux, instalouse un código de vixilancia. Cando o usuario procura nos seus propios arquivos e locais, Ubuntu envía esa cadea procurada aos servidores de Canonical. O problema principal é o espía. Canonical di que non lle informa a Amazon o que se procura mais é igual de malo que Canonical recolla esa información personal".

Segundo Stallman, o simple feito de que Canonical decidise incluir este código "malicioso" no Ubuntu é perxudicial para a comunidade de software libre completa xa que os usuarios chegaron a agardar que a supervisión da comunidade do software libre significase que non contivese malware.

Ubuntu permite aos usuarios apagar esta "vixilancia" e para desfacerse desa funcionalidade/spyware simplemente hai que introducir o seguinte no terminal:

sudo apt-get remove unity-lens-shopping


Fonte: Segu-info

Que opinades ao respeito?

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario