jueves, 25 de julio de 2013

Mudámonos a unha web e máis novidades

Boas a todxs!

Hoxe, un ano despois de iniciar este proxecto, con máis de 6000 visitantes e o dobre de persoas no proxecto que no noso comezo estamos orgullosxs de anunciar o noso primeiro aniversario, vén cargado de novidades.

En primeiro lugar queremos anunciar a nosa nova páxina web onde continuaremos co proxecto que iniciamos con este blogue fai un ano. A nosa nova web tédela en www.hackliza.net. Desde Hackliza! Queremos agradecer ao noso amigo @marcoscars02 tanto o noso novo header como o nudo celta que nos arranxou para que sexa o noso logo e símbolo da nosa paixón polo software libre, programación, (in)seguridade informática,... o under en xeral.

En segundo lugar, queremos anunciar a publicación do Hackliza! Ezine que estrenaremos con un nº0, recompilando algúns dos temas tratados ao longo deste último ano. A partir do nº1 comezaremos a publicar entradas temáticas comezando practicamente desde 0 para compartir o coñecemento e que calqueira persoa con curiosidade se poida introducir neste mundo pouco a pouco. Tamén disporemos da sección 'noticias' dentro da nosa nova web que funcionará como o blogue, é dicer, servirá para anunciar tanto novidades na web, como noticias de importancia, publicacións de cousas novidosas ou non teña sitio no ezine, etc....

En terceiro e último lugar, pero non menos importante, desde o Staff de Hackliza! Queremos animar a todo o mundo a participar da comunidade xa sexa aprendendo, ensinando, preguntando, axudando a resolver dúbidas, ... e para iso poremos a vosa disposición, coa maior brevidade posíbel, un foro para que poidamos interactuar máis facilmente e ademais ir pondo en práctica ou ir resolvendo dudas dos e das que vaides seguindo os ezines. Calquer idea é benvida e agardamos que o foro poida darlle vidilla á esta comunidade.

Iso é todo por agora, moitas grazas por seguirnos durante este primeiro ano e anímadevos a participar!

Saúde!

jueves, 4 de julio de 2013

Fabricación de unha placa PCB polo método da transferencia.


Nesta entrada vou explicar como fabricar unha placa de circuito impreso (PCB) con tres productos que podemos atopar en calquer supermercado:
-Auga oxigenada 10 vol.
-Auga forte (comunmente coñecida como salfumant); este producto non é mais que ácido clorhídrico diluido entorno a un 20%.
-Alcohol 96.

É sabido que existen productos especificos para a fabricación de placas impresas como o cloruro ferrico, etc.. pero son caros para a cantidade que traen e realizan a misma función que estes que é a de atacar o cobre que queda exposto ao líquido.

Este método consiste en transferir un circuito previamente impreso nun “papel” a unha placa de cobre que posteriormente atacaremos con unha disolución de auga oxigenada e auga forte.

Pois... mans a obra....

1. Empezamos por diseñar o circuito que precisemos para o noso “proxecto” con calquer programa de diseño de PCB como poden ser o Kicad, PCB 3.0 (en software libre) ou o Eagle (en soft privativo).
Nesta paxina podedes atopar un conxunto de programas de diseño de circuitos electrónicos http://opencircuitdesign.com/ , todos baixo a licencia GNU, GPL ou similar.