Hackliza! é un blogue en galego que trata principalmente sobre (in)seguridade informática, programación e software libre pero tamén tratará temas transversais a todos eses como hacktivismo, matemáticas, humor geek, seccións recurrentes, concursos, wargames, día a día na vida dun programador ou sysadmin, entrevistas, etc...
É un blogue que pretende ser completamente colaborativo, sentídevos convidados de serdes autorxs nel se vos interesa compartir os vosos coñecementos no mesmo.
Actualmente somos dous autores e actualizaremos o blogue os luns e os xoves, actualizarase máis frecuentemente cando se sume máis xente ao proxecto.
Por agora contamos cunha sección semanal que se chamara Twitcodes e será publicada cada domingo, poderedes atopar todos os que se vaian publicando grazas á etiqueta twitcode.
No hay comentarios:
Publicar un comentario