jueves, 4 de julio de 2013

Fabricación de unha placa PCB polo método da transferencia.


Nesta entrada vou explicar como fabricar unha placa de circuito impreso (PCB) con tres productos que podemos atopar en calquer supermercado:
-Auga oxigenada 10 vol.
-Auga forte (comunmente coñecida como salfumant); este producto non é mais que ácido clorhídrico diluido entorno a un 20%.
-Alcohol 96.

É sabido que existen productos especificos para a fabricación de placas impresas como o cloruro ferrico, etc.. pero son caros para a cantidade que traen e realizan a misma función que estes que é a de atacar o cobre que queda exposto ao líquido.

Este método consiste en transferir un circuito previamente impreso nun “papel” a unha placa de cobre que posteriormente atacaremos con unha disolución de auga oxigenada e auga forte.

Pois... mans a obra....

1. Empezamos por diseñar o circuito que precisemos para o noso “proxecto” con calquer programa de diseño de PCB como poden ser o Kicad, PCB 3.0 (en software libre) ou o Eagle (en soft privativo).
Nesta paxina podedes atopar un conxunto de programas de diseño de circuitos electrónicos http://opencircuitdesign.com/ , todos baixo a licencia GNU, GPL ou similar.


RECOMENDACION: para que se faga ben a transferencia as pistas deberan ter como mínimo 0.4 mm

Unha vez temos a placa diseñada dispoñemonos a imprimila nun papel, pero non vale un papel “normal” dos de toda a vida, nin a impresion pode ser con unha máquina de inyección porque deste xeito non se transfire o circuito a placa que é o obxetivo que queremos alcanzar.

Debemos imprimir o circuito en papel fotográfico (tamén chamado papel glossy) e con unha impresora láser, xa que estas usan toner que despois nos permitira transferilo a placa aplicandolle calor.
  1. Preparación da placa antes da transferencia:
Coas medidas tomadas do circuito impreso marcamos na placa sobre 5mm mais por cada lado e cortamola con unha serra.


Asi que temos a placa cortada toca limpar a superficie de cobre e repasar os bordes con unha lixa.
Hay que limpar a placa ata que esta quede con un efecto de espello, primeiro comezo limpando con unhas nanas (das de fregar as potas xD) debaixo do grifo da auga, neste proceso queda a superficie bastante raiada ainda sin o efecto espello. 


Despois secamos ben a placa e limpamola con un limpametales ou polish para coches hasta que quede con acabado brillante.

 
Como ultimo paso no proceso de limpeza damoslle a toda a superficie con alcohol e unha servilleta procurando non tocar cos dedos na superfice da placa.

É muy importante que non queden huellas de dedos nin resto algun.

Ahora centramos a placa encima do circuito e marcamos arredor dela o perimetro para facer catro pestanas e doblalas para suxeitar o papel encima da placa como se aprecia nas imaxes seguintes.






  1. Planchado:
Para transferir o circuito desde o papel á placa facemolo con unha plancha da roupa.
Despois de moitos intentos fallidos de planchado atopei unha forma que me deu bastante bon resultado, é a seguinte:
  • Asegurarnos de que a plancha esta sin auga, xa que non pode salir vapor durante todo o proceso.
  • Collemos un trapo que non vaiamos a usar como por exemplo unha camiseta vella, metemos a placa entre ela e comezamos a planchar. A camiseta fai que o calor se distribua de forma uniforme por toda a superficie.



  • Asi que levamos unhos 6 minutos planchando quitamos a camiseta e planchamos directamente sobre o papel repasando ben toda a superficie. Cando o papel se empeze a poñer un pouco tostado é o momento de parar.

  1. Inmediatamente despois do planchado sumerximos a placa nun cacharro con auga e esperamos a que se empape ben o papel. Aqui o importante e non ter presa e non poñernos impacientes por tirar do papel xa que tarda algo en absorver a auga, PACIENCIA. Nas seguintes imaxes apreciase como pouco a pouco vai absorvendo a auga e cambiando o tono do papel.



     
    Asi que esta o papel completamente mollado procedemos a sacar o papel cuidadosamente sin dar tiróns que poidan levantar as pistas.


     
    Repasamos con un rotulador as pistas rotas da placa xa que algunhas adoitan levantarse ou lles rompe algun chacho. Tamen é importante retirar todo o papel entre as pistas, podemos facelo con algo puntiagudo, por exemplo un desatornillador plano fino.


  2. Preparación da disolución:
Nun cacharro espacioso mesturamos cantidades iguales de auga osixenada e auga forte (“salfumant”).
A cantidade depende do tamaño da placa, pero debemos botarlle o necesario para facer olas e que a placa se manteña sumerxida.





Vemos como o líquido se vai volvendo de cor verde, iso indica que o cobre se esta disolvendo, como evidentemente podemos apreciar nas imaxes.
Seguimos movendo o liquido ata que non quede ningun cobre á vista:

 
Ahora que xa non temos restos de cobre á vista retiramos a placa do liquido, lavámola con auga abundante e secámola.
Por último só nos queda limpar a placa con alcohol para deixar as pistas á vista, facer os taladros e soldar os compoñentes.




Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario