domingo, 9 de diciembre de 2012

Primeiro cuatrimestre de Hackliza! en números

Boas a todxs!

Fai pouco máis de 10 días que vimos de cumplir os 4 meses desde a posta en marcha deste proxecto. O único que podemos dicer desde Hackliza! é obrigado, obrigado a todas e todos os que nos seguides pois ver as centos de visitas mensuais fannos traballar e cumplir coas entregas semanais, obrigados a todas e todos os que comentastedes, as e os que estades no grupo de correo, en definitiva a todos os hacklegos e hacklegas que nos seguides!

Agardamos que sigades aí con nós, por moito tempo e que siga crecendo a comunidade. Uns poucos datos curiosos sobre as e os nosos visitantes :P

De donde son as nosas e os nosos visitantes?

· 60% aprox. Estado Español
· 10% EE.UU. (spiders?, proxies? :P)
· 5% Rusia (^^)
· 4% Arxentina
· 4% Alemaña
· 3% Chile
· 3% Francia
· 3% Colombia
· 3% Mexico
· 3% Peru
· 2% Outros

Que navegadores utilizan?

· 57% Firefox
· 19% Chrome
· 9% Internet Explorer (WTF!!)
· 6% Safari
· 4% Opera
· 1% Mobile safari
· 4% Outros

Que Sistemas Operativos?

· 45% Windows
· 41% GNU/Linux
· 10% Macintosh/iOS
· 4% Android

Podemos ver que a grande maioría de visitas é de galegas e galegos, que en navegadores gaña por goleada o software libre mais nos SO aínda hai que remar un pouquiño mais sen dúbida estamos no bo camiño!

As visitas mensuais estan entorno ás 410, agardamos se manteñan e crezan moito máis, agora ben, no twitter aínda somos pouquiños, so temos 27 followers, animádevos a difundir! :P @hackliza!

Nun par de meses voltaremos a actualizar co semestre, a ver que tal segue a cousiña!

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario