domingo, 30 de diciembre de 2012

Fedora non recoñece dispositivo android (Solución para nexus 7) [Android][Fedora]

Boas a todxs,

Este nadal, de autoagasallo, como bo geek tiña que caer algo e caeu, neste caso unha nexus 7. Os primeiros días non fuchiquei moito con ela porque non me chegara a funda, protecto de pantalla e demais e son un tiquismiqui mais, hoxe xa cacharreei todo o que puiden e máis e tiven un problemiña que a base de ler conseguin solucionar. O problema trata, que cando conectaba a tablet ao meu PC con Fedora instalado este non a recoñece. Fedora, é compatíbel con MTP (Media Transfer Protocol) pero non recoñecía o dispositivo en cuestión e conseguin atopar, que, grazas ao ADB (Android Debug Bridge) que é unha ferramenta incluída no kit de desenrolo de Android, que, polo xeral xa vén instalada de serie nas últimas distribucións de GNU/Linux e posteriormente montandoa poderemos conectar sen maior problema. Esta foi a solución.

· Instalamos o necesario

$ sudo yum install -y yum install simple-mtpfs libmtp


· Creamos o udev rules para o nexus 7

$ sudo gedit /etc/udev/rules.d/99-android.rules

#Pegamos o seguinte e gardamos

# Google Nexus 7 16 Gb
SUBSYSTEM=="usb", ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e41", MODE="0666", OWNER="your-login" # MTP media (multimedia device)
SUBSYSTEM=="usb", ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e42", MODE="0666", OWNER="your-login" # MTP media with USB debug on(multimedia device)
SUBSYSTEM=="usb", ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e43", MODE="0666", OWNER="your-login" # PTP media (camera)
SUBSYSTEM=="usb", ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e44", MODE="0666", OWNER="your-login" # PTP media with USB debug on (camera)
SUBSYSTEM=="usb", ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e40", MODE="0666", OWNER="your-login" # Bootloader
SUBSYSTEM=="usb", ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="d001", MODE="0666", OWNER="your-login" # Recovery
# MTP Support
ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e41", SYMLINK+="libmtp-%k", ENV{ID_MTP_DEVICE}="1", ENV{ID_MEDIA_PLAYER}="1"
ATTR{idVendor}=="18d1", ATTR{idProduct}=="4e42", SYMLINK+="libmtp-%k", ENV{ID_MTP_DEVICE}="1", ENV{ID_MEDIA_PLAYER}="1"
· Reiniciamos o udev
$ sudo systemctl restart udev.service


E por último xa creamos o punto de montura do dispositivo e procedemos a montalo

$ sudo mkdir -p /media/nexus7
$ sudo simple-mtpfs /media/nexus7


· Por último, para desmontar

$ sudo fusermount -u /media/nexus7


Pode servir como base para calqueira outro problema relacionado con dispositivos android, aínda que como vedes a solución é para este caso específico. Agardo sexa do voso interés.

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario