domingo, 9 de diciembre de 2012

Monitorizar os logs en GNU/Linux [Twitcode XIX][Bash]

Boas a todxs,

Esta semana un ben simple, fai uns días falábamos da detección de erros grazas aos logs de GNU/Linux e como ben apuntou Manel Villar nun comentario tamén se poden ver as últimas liñas do arquivo dos logs grazas a tail, concretamente, pódense monitorizar do seguinte xeito:

$ sudo tail -f /var/log/messages


Breve explicación:

Grazas a tail podemos ver as últimas liñas (10 default) dun determinado arquivo, co modificador -f o que nos permitirá é ver as liñas que se vaian sumando ao arquivo, digamos, que grazas a el podemos monitorizar no terminal os mensaxes que se vaian publicando no arquivo /var/log/messages deste caso concreto.

Agardo gostasedes!

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario