strace <comando> 3>&2 2>&1 1>&3 |grep ^open
Agora a explicación
O comando `strace` executa outro comando e amosa pola saída de erros as chamadas as funcións do sistema.
A secuencia `3>&2 2>&1 1>&3` intercambia as saídas estándar (que será a filtrada) e a de erros, para que o que filtremos despois sexan as chamadas.
Para rematar o comando `grep ^open` elimina as liñas que corresponden a chamadas que non sexan de apertura de arquivos.
Espero que vos resulte útil, chega a ser bastante práctico para debuggear cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario