Esta semana imos ver como mapear as nosas imaxes dun xeito moi, moi sinxelo, para isto empregaremos o gimp, mapear empregase en html para definir unha area dunha imaxen na que clickeando enriba nos levará a unha determinada etiqueta, directorio ou ligazón que desexemos. Unha vez aberta a nosa imaxe co gimp imos a filters > web > image map, como indicamos na imaxen.
A continuación abrirásenos a seguinte pantalla e poderemos seleccionar distintos xeitos de mapear a imaxen: con cadrados, circunferencias ou delimitando nos o polígono, que, polo xeral, será o que empreguemos.
O seguinte que temos que facer é, por exemplo, se desexamos que ao clickear na cabeza dun dos personaxes que aparecen na imaxen nos leve á wikipedia, o que temos é que seleccionar co polígono a area que delimita e cando rematemos facelo cun dobre click.
O que conseguiremos con iso é que se abra unha fiestra onde gardar co nome da zona que mapeamos, neste caso, mario e á dereita vemos como vai gardando as coordenadas.
Unha vez rematemos de marcar as areas desexadas debería quedar algo parecido a isto e tocará gardar o mapa da imaxen.
Para gardarlo basta con irmos a arquivo > gardar como e poderemos gardalo do seguinte xeito "nomedoarquivo".map
Unha vez feito isto o que toca é abrirmos o arquivo gardado co noso editor de texto, gedit por exemplo para podermos copiar as coordenadas e engadir á nosa páxina web, o contido debería ser similar a isto:
Como vedes é algo moi sinxelo de facer pero de non ser polo gimp facelo con exactitud e probando coordenada a coordenada sería bastante complexo. A verdade é que nunca fun moi de deseño web pero desde que participei nun "Dojo" organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense, impartido por Pepe Doval, comecei a meterme un pouco neste mundo e é bastante interesante.
Agardo vos resultase útil!
Saúde!
wow! non coñecía esta posibilidade, venme que nin pintada :D
ResponderEliminarAlégrome moito, a verdade, non sabía se sería de moita utilidade, eu cando o empreguei foi como descubrir américa para min, non sabía se era un método moi extendido ou non.
EliminarUn saúdo, meu!