Ollo! Netkit utiliza os arquivos dunha forma un pouco “especial”, crea arquivos moi grandes (uns cantos xigas ), nos que apenas garda nada, isto pode parecer un problema de non ser por que o tipo de arquivos utilizado coñecese coma `sparse`, que permite que de forma transparente ó proceso se almacenen só os datos gardados, non hai que facer nada especial para isto, só utilizar un formato de partición moderno, así que para isto hay que evitar a toda costa FAT ;)
Descarga dos arquivos
A instalación de Netkit componse de 3 arquivos, estes son:
http://wiki.netkit.org/download/netkit/netkit-2.8.tar.bz2
http://wiki.netkit.org/download/netkit-filesystem/netkit-filesystem-i386-F5.2.tar.bz2
http://wiki.netkit.org/download/netkit-kernel/netkit-kernel-i386-K2.8.tar.bz2
Así que nesta parte só temos que crear un cartafol e descargalos ahí:
mkdir netkit cd netkit wget http://wiki.netkit.org/download/netkit/netkit-2.8.tar.bz2 && wget http://wiki.netkit.org/download/netkit-filesystem/netkit-filesystem-i386-F5.2.tar.bz2 && wget http://wiki.netkit.org/download/netkit-kernel/netkit-kernel-i386-K2.8.tar.bz2
Descompresión
Isto non ten gran misterio, pero como dixeramos antes os arquivos son `sparse`, así que hay que descomprimilos con este comando:
tar -xjSf # O importante é a S, de sparse
Así, facemos
tar -xjSf netkit-2.8.tar.bz2 && tar -xjSf netkit-filesystem-i386-F5.2.tar.bz2 && tar -xjSf netkit-kernel-i386-K2.8.tar.bz2
Preparación das variables
O paso restante é configurar as variables de entorno NETKIT_HOME, MANPATH e PATH, o primeiro temos que apuntalo o directorio que descomprimiramos, por exemplo:
export NETKIT_HOME=/home/kenkeiras/netkit/netkit
As outras dúas pódense derivar desta:
export MANPATH="$MANPATH:$NETKIT_HOME/man" export PATH="$PATH:$NETKIT_HOME/bin"
Se queremos garda-la configuración, podemos engadir esas liñas ó `.bashrc`.
E xa está, se executamos o `./check_configuration.sh` do directorio descomprimido non debería dar ningún erro.
Na próxima, montaremos unha rede :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario