domingo, 9 de septiembre de 2012

Como remapear o teclado

As veces pode ser útil cambiar a función dunha tecla por outra, por exemplo se usamos o editor VIM, andaremos continuamente buscando a tecla `Escape`, e o máis probable e que nunca usemos a de `Bloquear maiúsculas`, así que imos remapeala a `Escape`.

Primeiro temos que escribir isto no arquivo ~/.Xmodmap:
remove Lock = Caps_Lock
keysym Caps_Lock = Escape

E logo aplicalo con:
xmodmap ~/.Xmodmap


(É posible que haxa que instalar o programa `xmodmap`, pero non ten ningún misterio, por exemplo nas distros derivadas de Debian):
sudo apt-get install xmodmap


E con iso todos os programas desa sesión do X, por suposto se prefires Emacs sempre podemos interecambiar `Bloquear maiúsculas` a `Control` (fonte):
remove Lock = Caps_Lock
remove Control = Control_L
keysym Control_L = Caps_Lock
keysym Caps_Lock = Control_L
add Lock = Caps_Lock
add Control = Control_L

Pode parecer pouca cousa, pero no caso de usar un destes editores pode resultar útil ;)

Saúdos

No hay comentarios:

Publicar un comentario