Esta semana non traio unha entrada propia, só unha traducción dun artigo publicado en "thegeekstuff.com" por "Ramesh Natarajan", nel fálanos que todo sysadmin (Administrador de Sistemas) debería estar sometido a 7 bos hábitos mais que se podían resumir en 3, é dicer, 3 leis básicas que todo sysadmin debería coñecer. Este artigo foi traducido en moitas linguas cada ano no "sysadminday" que é celebrado o último venres de xullo mais no meu caso veume á mente, como futuro sysadmin ao comezo do curso. Así que aí vai e agardo que vos resulte útil e interesante.
#Primeira Lei: Un SysAdmin debe respaldar (backup) TODO (e validar o backup regularmente).
Por experiencia propia, sábese que calquer sistema produtivo algún día vai caerse, non importando as prevencions e mantementos feitos. A mellor solución é estar preparado para ese día cun backup válido.
Se non sabemos que é crítico no noso sistema é un bo momento para investigar o que si o é e, así, planexar un bo backup. Como sabemos que un backup vai funcionar en caso de desastre? Algunhas recomendacións para a planificación:
· Que software (ou script) empregaremos para o backup?
· Canto espacio dispoñemos para os nosos backups?
· Con que periodicidade debemos rotar os backups?
· Independentemente do backup total (full backup). Necesitamos backups incrementais?
· Como levarás a cabo o backup?
Se non tes un backup feito das partes críticas do teu sistema, para de ler este artigo e mans á obra. Comeza a planificar o teu backup inmediatamente.
Nunha investigación feita por algún grupo (Non lembro quenes), lembro que se mencionou que só o 70% da producción de aplicacións están sendo respaldadas. E o 30% deses backups son inválidos ou corruptos.
Asumamos que Sam realiza backups de aplicacións críticas regularmente, pero non valida os seus backups. Porén, Jack non se molesta en facer ningún backup das súas aplicacións críticas. Pode sonar coma que Sam que ten un backup está nunha mellor situación que Jack que non o ten feito. Na miña opinión, ambos Sam e Jack están na mesma situación, Sam nunca validou o seu backup para asegurarse de que pode ser restaurado cando ocurre un desastre.
Se eres un sysadmin e non queres seguir esta dourada #Primeira Lei (ou gostas de rompela), deberías considerar deixar o teu traballo coma sysadmin e convertirte en desarrollador.
#Segunda Lei: Domina a liña de comandos (é evita a UI
Non hai unha soa tarefa en Unix / Linux server, que non se poida realizar desde a liña de comandos. Existen algunhas UI para facer o traballo do sysadmin máis sinxelo mais, non as necesitas e deberías empregar a liña de comandos sistematicamente.
Por tanto, se eres un administrador de sistemas linux deberías dominar a liña de comandos.
En calquer sistema, se queres ser fluído e produtivo, tes que manexar a liña de comandos. A principal diferenza entre un Windows sysadmin e un Linux sysadmin é: GUI Vs Liña de comandos. Os Windows sysadmin non están moi comodos coa liña de comandos. Os Linux sysadmin teñen que estar moi comodos con ela.
Incluso cando teñas unha UI para simplificar unha determinada tarefa deberías preferir a liña de comandos, entenderás como funciona un servizo determinado se o fas desde a liña de comandos. En moitos entornos de servidores de producción, os sysadmin normalmente desinstalan todo o relacionado cos servizos e ferramentas GUI.
Se es Unix / Linux sysadmin e non queres seguir esta #Segunda Lei, probablemente resida no teu interior a necesidade de convertirte nun Windows sysadmin.
#Terceira Lei: Automatiza todo (faite perezoso).
Un sysadmin perezoso é o mellor sysadmin.
Non coñezo a ningún sysadmin que lle guste romper esta lei. Toma algúns minutos para pensar e organizar un lista de todas as tarefas rutinarias que fas a diario, semanal ou mensualmente. Unha vez teñas esa lista, pensa como automatizala. Ao mellor sysadmin non lle gusta estar ocupado, gústalle estar relaxado e que o sistema o faga todo por el.
#Nota do tradutor: Nesta terceira lei pódese interpretar algo así como "Domina unha linguaxe de scripting que te axude a automatizar tarefas", as máis empregadas son "awk, perl e python".
Que vos pareceu o artigo? Algún sysadmin que queira comentar algo máis do seu día a día?
Un saúdo!
Hehe, moi interesantes, canta razón :P
ResponderEliminar