jueves, 27 de septiembre de 2012

Cifrado Espartano/Transposición. [Criptografía]

Boas a todxs,

Máis unha semana volto coa criptografía (non o podo evitar), desta vez falarei do cifrado espartano, tamén coñecido por escítala ou, máis actualmente cifrado de transposición.

En que consiste este cifrado? Pois ben, antiguamente, o que se facía, era coller 2 trozos de madeira co mesmo diámetro, un para o emisor e outro para o receptor da mensaxe, logo, o que se facía era enrolar unha cinta de coiro nel e escribir a mensaxe, de xeito que, cando o receptor a recibise, enrolando o trozo de coiro no cilindro do mesmo diámetro podería ler o contido do trozo de coiro mentras que o resto só verían unha ringleira de letras sen sentido aparente. Unha imaxe para que vos fagades unha idea:



Na actualidade, coñecese como cifrado de transposición ao que desa idea se realiza grazas ás matrices, e dicer, metemos a mensaxe que queremos dentro dunha matriz de n liñas e m columnas e dándolle ao receptor un mensaxe sen sentido aparente máis cos datos de n e m podería descifrar a mensaxe, facer un script que aplique este cifrado é unha tarefa que teño pendente, mas bon, quedará para outra entrada, aí vai un exemplo teórico:

Queremos cifrar "Un saudo desde Hackliza" con este método, podemos facelo nunha matriz de 4x5:

Unsau
dodes
dehac
kliza

E envialo ordenado por columnas deste xeito: "Uddknodelsdhiaeazusca" e dicerlle que a clave é 45, deste xeito colocando esas letras en orde nunha matriz de 4 liñas e 5 columnas poderia ler a mensaxe máis claramente como podedes ver máis arriba.

Agardo que vos resulte interesante a información, poderiamos comezar a falar de distintos protocolos de seguridade ou hashes mais penso que é interesante ir coñecendo tamén os métodos máis antigos deste extenso e fascinante mundiño.

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario