Boas a todxs,
Hoxe imos a falar dun par de comandos de rede, concretamente das aplicacións ping e traceroute. Basicamente imos entender como funcionan e aprender a "traceroutear" con ping.
Que é ping (Packet Internet Groper)? É un programa que se emprega polo xeral para medir a latencia ou tempo de resposta na comunicación entre dous puntos remotos. Isto faise enviando paquetes de control
(ICMP, Internet Control Message Protocol), construidos no nivel de capa de rede, estes paquetes o que fan é notificar cando existe un erro para un servicio determinado ou cando un router ou host non se dan localizado. O comando ping implementa unha request de resposta para ese paquete puidendo así recibir a información desaxada coma o tempo de resposta ou a cantidade de hosts polas que pasa.
Que é traceroute?