Andaba eu fozando co ttyrec (un programa para grava-la terminal) e nisto que probo a gravar unha sesión reproducindo o mítico "ASCII StarWars" en modo texto por telnet...
nc towel.blinkenlights.nl 23
“A versión de IPv6 ten esceas e soporte de cor extra. Así que se queres experimentar completamente ascii starwars deberías conseguir IPv6.
www.sixxs.net ou outro proveedor de tuneis IPv6 pode axudar a conseguír IPv6 na súa computadora.”
E non ímos quedar só coa versión "reducida" so por non ter unha liña IPv6, non?
Ben, entón ímos usar un túnel teredo, como dí na Wikipedia:
Teredo é unha tecnoloxía de transición que aporta conectividade IPv6 total a máquinas compatibles con IPv6 que están na Internet IPv4 e non teñen unha conexión nativa cunha rede IPv6. Comparado con outros protocolos similares a súa característica distintiva é o funcionamento incluso detras dun dispositivo NAT coma un router caseiro.
Nos sistemas Gnu/Linux o paquete deste tunel é 'miredo', podémolo instalar, por exemplo nos sistemas Debian ou derivados con:
sudo apt-get install miredo
E xa está, se facemos por exemplo un `ping6` a google debería ir por IPv6:
Agora para forzar `nc` a user IPv6 faremos:
nc -6 towel.blinkenlights.nl 23
E... tadah!
“Ben, a versión IPv6 é exactamente a mesma que a de IPv4.
A diferencia está nos visitantes.”
Enfin... xa postos ímos darlle soporte IPv6 a Firefox, non?
O detalle é que por defecto non proba as direccións IPv6 (suporá que na mairoía dos casos non hai soporte?), pero podémos probalo en http://www.test-ipv6.com/, o máis probable e que sin cambios resulte nun total fracaso:
Para darlle soporte introduciremos `about:config` na barra de direccións e aceptaremos o aviso de que debemos ter coidado:
Despois debemos acceder a opción de resolución de direccións IPv6 `disableIPv6` e darlle dobre-click para poñelo a `false` (repetiremos a acción para desactivalo, recomendable facelo despois da proba para evitar estar usando o tunel continuamente):
E xa está, temos bastante máis soporte de IPv6:
Saúdos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario