domingo, 27 de enero de 2013

GSIC MINDS (Xornadas Seguridade Informática n'A Coruña)

Boas a todxs,

Falta 1 mes para que se celebren máis un ano as xornadas do Grupo de Seguridade Informática d'A Coruña (GSIC), concretamente será o 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo do 2013. É un dos poucos eventos que temos en Galiza anualmente sobre esta temática e por iso consideramos importante darlle difusión.

Algúns de nós temos asistidos anos anteriores e recomendámolo moito: Charlas amenas, divertidas, hackcontest e moito máis.

Actualmente aínda están en prazo de CFP (Call For Papers), é dicer, está aberto o prazo para que toda persoa interesada en dar unha charla nas xornadas poida optar a facelo. Así que dentro de non moito seguro que comezan a anunciar charlas e poñentes e abrirán as inscricións, estade atentos!

Para máis información:

Sitio oficial: GSICK MINDS
Twitter: @GSICoruna

Verémonos por alí?

Saúde!

1 comentario:

  1. Gracias amigos de Hackliza pola difusión. Tivemos que retrasar o evento ate outubro, do 24 ó 26, e en marzo so haberá obradoiros. Tedes toda a información na web gsickminds.net

    ResponderEliminar