Esta antena é unha adaptación,
modificación da Jolly Rogers orixinal, unha antena de tipo
direccional que da resultados bastante aceptables.
Pero...¿Que queren decir con
direccional?
Pois con este termo referimonos a que
este tipo de antenas orientan a señal nunha dirección moi
determinada con un haz estreito pero de largo alcance. Para entendelo
pódese facer unha similitude con un foco de luz que emite un haz
concentrado e estreito pero de forma intensa, este efecto
proporcionanos máis alcance.
Espectro da antena:
No espectro podemos apreciar como
varian os decibelios (dBs) coa distancia, tamen vemos que se produce
unha pequena dispersión arredor da antena que non nos da moito
alcance.
Donde realmente lle sacamos rendemento
e en distancias relativamente “largas”.
O alcance duna antena direccional ven
determinado por unha combinación dos dBi (decibelios) de ganancia da
antena, a potencia de emisión do punto de acceso emisor e a
sensibilidade de recepción do punto de acceso receptor. Con isto
aclaro que as distancias entre os puntos de conexión varian bastante
dependendo dos equipos empleados.
Debido a que o haz da antena direccional é estreito, non sempre é fácil alinear (encarar) dúas antenas direccionales nun enlace inalámbrico entre dous puntos. Para a alineación recomendase facer un uso de programas de auditoria wireless onde poidamos monitorear a sensibilidade coa que recibimos a señal a tempo real.
Debido a que o haz da antena direccional é estreito, non sempre é fácil alinear (encarar) dúas antenas direccionales nun enlace inalámbrico entre dous puntos. Para a alineación recomendase facer un uso de programas de auditoria wireless onde poidamos monitorear a sensibilidade coa que recibimos a señal a tempo real.
Bueno despois de estas explicacións
técnicas vamos directamente ao importante do asunto.
Os materiais necesarios para a
fabricación son os seguintes:
-Cabilla roscada de 6mm en Inox.
-2 Tuercas cegas de 6mm Inox.
-11 tuercas normales de 6mm Inox.
-4 cm de cable rigido de cobre de 2,5
mm
-Conector N-hembra de base cuadrada.
-Cinta de aluminio para pegar
(moi utilizada en instalacións térmicas para aillar tubos,etc..)
-4 remaches de un diametro inferior aos
buratos do conector N.
Fabricación:
Nesta sección da antena podemos ver
con claridade as medidas:
Elementos en PVC:
Primeiro comezamos cortando o tubo de
PVC a medida de 23cm, normalmente adoitan vender o tubo por metro (se
volo cortan onde o merquedes moito mellor, traballo que aforrades),
para poder cortalo perfectamente vertical un truco moi sinxelo e
cubrir o perimetro do tubo con cinta aislante asegurandonos que queda
coa medida de 23cm, de forma que deixamos marcado por onde temos que
cortar. Para cortalo empreguei unha serra de ferro convencional
,tamén se pode facer con calquer outra que teñades a man, serra de
fio, circular, etc..
Unha vez que temos o tubo cortado
limamos un pouco os bordes do corte para deixar un acabado uniforme.
Temos que facer un burato a 8 cm de un
dos extremos do tubo. Para iso marcamos a distacia de 8 cm e medimos
a base cadadra do conector N (aproximadamente 2,5cm), esta medida
dividimola por 2 para a base quede ben centrada nos 8 cm. Polo tanto
desde a marca que fixemos para señalar os 8 cm marcamos para cada
lado 1,25 cm.
Facemos o burato aos 8 cm que xa
marcamos con unha broca de diametro igual ao da base do conector.
Depois con unha lima facemos un rebaixe
para poder remachar a base e que quede ben asentada, moito ollo non
pasarse coa lima xD.
Ahora ven o máis complexo de todo o
proceso, forrar por dentro o tubo de PVC coa cinta de aluminio, case
non collen as mans polo tubo XD, hay que ter moita paciencia e non
desesperarse.
Para este paso córtanse unhas tiras de
cinta de aluminio e vámolas pegando ao longo do tubo “como
poidamos”, procurando que quede o mais liso posible (sin arrugas
nin bolsas de aire).
É aconsellable superpoñer unhos
milímetros entre un cacho de cinta e outro, asi asegurarémonos de
que queda toda a superficie perfectamente cuberta.
COLECTOR
No seguinte paso montaremos o colector
da antena:
As arandelas do colector son de 3 cm de
diámetro, normalmente as que podemos encontrar na ferreteria teñen
bastante grosor case 2mm e un burato no centro bastante grande o que
fai bastante complexa a regulación, eu non as aconsello. Canto mais
finas sexan as arandelas mais precisa será a regulacion do colector,
e darános mellores resultados.
Como non conseguia estas arandelas
decicin facelas eu mesmo a partir de unha chapa dun sintonizador TDT
que tiña tirado, de un grosor de medio milimetro aproximadamente.
Marquei os 3cm de diametro e o centro
dun diametro de 7mm, despois cortase o perimetro con unhas tixeiras
de cortar metal e o centro faise con unha broca, lixanse para
quitarlles a pintura e que queden con un bo acabado.
Asi que temos as 5 arandelas preparadas
comezamos a montalas na cabilla roscada:
1º- Poñemos a tuerca cega diante da
cabilla e unha arantela normal para facer contrarosca e que non se
movan.
2º- Despois poñemos tuerca arandela e
tuerca hasta completar as 5 arandelas e procedemos a regulalas como
se ve na imaxe da sección, a primeira a 1,5 cm da cabeza cega e as
outras a 3 cm entre si, quedando asi o colector.
3º-Rematamos este proceso fixando o
colector a unha das tapas que debemos furar no medio para pasar a
cabilla e suxetala polo outro extremo.
Cando teñamos todo montado
completamente poñeremoslle a tuerca cega pero ata entonces deixamola
sen poñer e cortamos mais cabilla da que pensamos que nos fai falta,
para regular posteriormente os 6 mm de distancia entre o colector
e o solenoide.
SOLENOIDE:
Para o conductor
do solenoide utilizaremos un cacho de conductor de cobre de 2,5 mm
que debemos soldar a base cuadrada e cortalo a unha distancia de 3,45
cm desde a base do conector N.
Remachamos o conector N ao tubo e quedanos asi:
Rematamos de montar a antena poñendolle
a tapa co colector, regulamos que o extremo do colector estea a unha
distancia de 6mm do solenoide e poñemos a outra tapa da antena, esta medida e moi importante que sexa precisa.
Unha vez que a probedes pódense sellar
as tapas con silicona ou outro producto se decidides usala no
exterior.
Por último quedaria facer un pigtail
de conector N a rp-sma ou outro ao que queiramos conectar a antena,
eu fixeno con 2 metros de cable HDF-400 de baixa perdida (0,2 dB por
metro). Deixovos unha foto de como quedou todo ao final.
As medidas e recomendacións que
aquí se citan estan calculadas a conciencia e é importante seguilas
a pe da letra e non modificalas para obter resultados satisfactorios.
Xenial, que cantidade de información :D, haberá que probalo.
ResponderEliminarPor certo, teño unha duda, apuntando cunha antena direccional a outra que non o sexa aínda se consegue algún incremento de sinal, non? (supoño que non tanta coma se o foran as dúas, claro)
Si claro, ainda que unha delas sexa omnidireccional coma na maioria de routers vas notar bastante diferencia con esta porque chega ao punto con maior potencia, ainda que tamen e certo que son moito mais inestables que as omnidireccionais en distancias largas. Estou pensando en facerlle un soporte motorizado, haber que resultados da :)
ResponderEliminarBoas, meu!
ResponderEliminarComezaches forte, excelente publicación. Eu fixera no seu día unha cunha lata de pringles bastante máis rudimentaria, iso si. A ver se nas vacacións do entroido fago unha nova, entráronme ganas despois do artigo, compartillarei os resultados :P
Saúde!