domingo, 11 de noviembre de 2012

Tuneando o noso grub! [Ubuntu 12.10 e anteriores]

Boas a todxs,

Hoxe toca "tunear" o grub2, o xestor de arranque default en moitas distribucions de GNU/Linux, concretamente para versións de Ubuntu 12.10 e anteriores, en fedora aínda nunca me puxen. Para comezar temos que saber que o arquivo de confgiuración do grub, está en /boot/grub2/grub.cfg, abrindoo con gedit:
gedit /boot/grub2/grub.cfg

Podemos observar como nos avisa de que non editemos este arquivo xa que se crea a partires dunha serie de arquivos ubicados en /etc/grub.d e o arquivo grub /etc/default que nos permitirá algunha información extra como o timeout entre outras cousas.
Pois ben, agora faremos un par de pequenas modificacións, primeiro imos cambiar algo o aspecto, comecemos coa cor de fondo e o resaltado á hora de escoller o SO que queremos cargar, imos a /etc/grub.d e abrimos o arquivo chamado 05_debian_theme:
gedit /etc/grub.d

#Dentro atopamos isto

set_default_theme(){
        # Set the traditional Debian blue theme.
        echo "${1}set menu_color_normal=light-cyan/black"
        echo "${1}set menu_color_highlight=white/blue"
}

Pois ben, sabendo que este é o arquivo e tendo iso diante só fai falta "fantasía e imaxinación", podemos probar distintas cores como magenta, green, e as que aí aparecen para combinar como gostemos
Por outra banda, se quixesemos cambiar o fondo e meter un background hai varias formas, pero a máis sinxela é a seguinte, tamén atopamos o xeito dentro dese arquivo:
# First check whether the user has specified a background image explicitly.
...
# Next search for pictures the user put into /boot/grub/ and use the first one.
# Next try to use the background image and colors specified by desktop-base.
# If we haven't found a background image yet, use the default from desktop-base.
# Finally, if all of the above fails, use the default theme.

Vexamos o que aí podemos ler, primeiro comprobará se seleccionamos unha imaxe de fondo explicitamente, na versión 12.10 xa non hai carpeta como tal e habería que crear ruta completa e logo modificar este arquivo coa ruta e extensión da imaxe para poder cargala, nas anteriores xa trae a ruta creada e todo configurado e é bastante sinxelo, pero bon, hai que perder 5 minutos e hai un método máis sinxelo, no 2º paso, que basicamente di que buscará unha imaxe en /boot/grub/ e será a que cargue, pois iso faremos, meter a imaxe que gostemos e cando nos aburramos borrámola e poñemos outra ou simplemente a borramos e que siga buscando a nosa configuración de cores ou a default
cp /home/userpath/Pictures/imaxe.png /boot/grub

Para finalizar, igual que modifiquemos sempre calquera destes arquivos para actualizar o "grub.cfg" toca facer un update-grub:
update-grub

Unha vez actualizamos se se copiou correctamente a imaxe a ese directorio e se fixeron todos os pasos (como root, claro está) debería aparecer como que configura esa imaxe de fondo e ao reiniciar xa veremos o noso grub co noso background tuneado, ben con imaxe ben con cores.

Outra cousa que se pode facer co grub é eliminar entradas como o memtest, recovery, outros SO, etc... Para eliminar o recovery é tan sinxelo como abrir o /etc/default/grub e vermos o contido, concretamente unha liña comentada ao respeito do recovery:
gedit /etc/default/grub
#GRUB_DISABLE_LINUX_RECOVERY="true"

Como podemos ver, ao estar comentada, a liña non se executa, con borrar a # desactivaremos a entrada de recovery no grub. update-grub e entrada fóra. Para eliminar outras entradas coma a outros SO ou o memtest faise desde a carpeta onde atopamos o 05_debian_theme, o que temos que facer é eliminarlle os permisos de execución e listo, neste caso atoparemonos con permisos 755 (leitura, escritura e execución para root e o resto só leitura e execución), así que pasaremolos a 644 (leitura e escritura para root e o resto só leitura) por exemplo para o memtest:
cd /etc/grub.d
ls -la #para ver arquivos con permisos
chmod 644 20_memtest

Pois ben, outro update-grub, reiniciamos e poderemos ver como se eliminaron as entradas e o noso grub a gusto de consumidor :).

Agardo gostásedes!

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario