Esta semana imos falar da detección de erros na nosa distribución de GNU/Linux. A idea ven dun día no que paseando pola comunidade de ubuntu en galego vin que estaba recén publicado un fío donde, @dinisinho, pedía axuda cun problema que tiña na súa máquina con Ubuntu instalado. A información que tiña era pouca, unha descripción por enriba do problema, concretamente, cando executaba o gedit ou o transmission pechábaselle a sesión. Con esa información diagnosticar algo, a menos que tiveses exactamente o mesmo problema é complicado, que podemos facer? Consultar os logs do sistema.
Podemos facelo do seguinte xeito:
$ cd /var/log/ $ ls -la
Aí veremos toda unha serie de logs pero os que nos teñen que interesar son o "messages" que é o log da sesión actual ou ben, se foi un problema vello nos chamados message-XXXXXXXX. Para poder ver o arquivo temos que ser root así que facémolo do seguinte xeito:
$sudo gedit messages
Pois ben, unha vez aquí é cuestión que cando teñamos o problema ir a consultalo e cara o final do log de messages deberá aparecer algún tipo de erro.
Realmente funciona? Pois a min nunca me pasara tal, eu só tiña lido e escoitado falar e din a idea, logo @dinisinho foi quen puido comprobar que saltaba un erro relacionado con Xorg.0.log e Xorg.0.log.old, é dicer, problemas coa gráfica, proceder a solucionalo e compartilo coa comunidade.
Cal foi a solución? Pois neste caso polo visto foi culpa dos drivers, non se lle instalaban ben e era por culpa do linux headers. Que non estaba instalado/estaba sen actualizar.
Aquí podedes consultar o fío do problema no propio foro.
A verdade é que aprender así, entre todxs, é como máis presta :)
Agardo gostásedes!
Saúde!
Tamén se pode empregar o comando de consola 'tail' co arquivo de log para ver as últimas liñas. Con 'tail -f arquivo.log' vense como van aparecendo as novas mensaxes
ResponderEliminarBoas Manel,
EliminarPois efectivamente, hehe, con "sudo tail -f /var/log/messages" conseguimos "monitorizar" o log de erros. No fío do foro comenteino pero aquí empregara a picaresca para publicalo este domingo á noite/luns de twitcode :P.
Moitas grazas pola achega e por visitar o blogue, agardo disfrutes do contido e sigas participando!
Saúde!