Cando falamos de "Linux", de que falamos? Pois ben, nesta entrada intentarei explicar un pouco de que vai o asunto, os usuarios máis avanzados ou máis interesados polo tema seguro xa o saberán mais un grande nº de xente pode que descoñeza realmente o que vou comentar a continuación, é normal, seguramente todxs nos nosos incicios (inclúome no saco) non sabiamos realmente a que nos referiamos.
Moitas veces referímonos ás distintas distribucións de GNU/Linux como "Linux", é un erro común pensar que un sistema operativo (SO de aqui en diante) é todo o conxunto de aplicacións (navegador web, explorador de arquivos, reproductor de audio, etc...) cando en realidade, practicamente, só nos referimos ao kernel (nucleo).
Entón, a que nos referimos con SO e que é o kernel? O SO é un conxunto de programas que efectúan a xestión dos procesos básicos dun sistema informático, é dicer, non é máis que un soporte para facilitar ao usuario a interacción coas aplicacións diseñadas por outros usuarios. Por tanto o kernel é o principal responsábel de facilitar aos distintos programas acceso seguro ao hardware do PC ou en forma máis básica, é o encargado de xestionar recursos a través de servicios de chamada ao sistema, é a parte máis importante do software do SO.
Que é Linux entón? Pois é o kernel do SO libre de tipo Unix, o seu nome vén polo seu creador, Linus Torvalds.
Que é iso de GNU de "GNU/Linux"? Pois ben GNU, acrónimo recursivo que significa GNU is not Unix (GNU non é Unix), é un conxunto de software diseñado para que fose totalmente compatible co SO Unix, era un SO non libre moi popular fai anos mais que tiña demostrado ser moi estábel. Algunhas das aplicacións máis coñecidas son o intérprete de comandos (bash), o ambiente de escritorio básico (GNOME), o programa de deseño fotográfico (GIMP), ...
A filosofía de Linus Torvalds de distribuir o kernel baixo a licencia GPL fixo que moita xente se unise ao proxecto e en pouco tempo conseguisen un kernel completamente compatíbel con Unix, filosofía similar á da Free Software Fundation (Principal cobertura, soporte económico e loxística do proxecto GNU) e, ao combinarse co sistema GNU, conseguiuse un SO libre e completamente funcional.
Por tanto, cando nos referimos a Linux sempre nos esquecemos do proxecto GNU e cando menos sabelo e recoñecelo. Agardo fose información útil para todxs vos.
Unha distribución de GNU/Linux completamente libre, deseñada en Galiza e con galego dispoñíbel é Trisquel (Basexada en Ubuntu).
Saúde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario