A instalación non ten gran misterio, para derivados de Debian
sudo apt-get install fortunesou o comando equivalente.
Se queremos amosar un cada vez que se abre un terminal teremos que engadi-lo comando o final do arquivo .bashrc (no directorio do usuario), é posible mandarlle parámetros para axustar o seu comportamente, pódense ver todos facendo
man fortune
Agora, para facer a nosa propia listaxe de frases, faremos un arquivo de texto plan co voso editor preferido e separaremolas con liñas con só '%' nelas, algo así: http://pastebin.com/vkucqmLR(textos tomados do Tao da programación, moi entretido por certo :P).
Despois convertémolo ó formato das `fortunes` co
strfile arquivoisto xerará un arquivo.dat, feito isto podemos copialos ó directorio do programa
sudo cp arquivo arquivo.dat /usr/share/games/fortunes/e xa podemos chamar por el usando
fortune arquivo
Saúdos
Xa que vos poñedes a modificar o .bashrc , tamén podíades incluir unha modificación do PROMPT.
ResponderEliminarO de incluir alias e funcións entendo que mereza un artigo de seu, ou toda unha serie, porque unha das cousas máis divertidas que se poden facer é un .bashrc de puteo e meterllo a outro usuario... Xa veredes que coña cando descubra que o comando make foi substituído mediante alias por rm -r, ou, con menos maldade, facer que ls amose os ficheiros de ../directorio_indicado .
O do PROMT é a típica cousa que se modifica cando se inclue a bolacha da sorte. Porque iso de ter o directorio activo é cómodo cando hai pouca profundidade. Si traballamos sobre un subdirectorio tipo /home/proxectos/maven/java/proxectoX/proxectoX-modelo/src/org/organizacion/proxectoX/dao/jpa e queremos executar un comando con algo de complexidade, salta a liña.
Ahí tedes un par de ideas!
Hola Hadrián,
EliminarHehe, pois a verdade é que moi boa idea e non o tera pensado, o tema de "persoalizar" o shell podía dar para un par de publicacións ben entretidas, quizais non tanto como o truco do rm -r (ou si :P), pero entretidas tamén e prácticas como o do subdirectorio do PROMPT, que de seguro resulta de utilidade.
Se non che importa creo que botaremos man da túa inspiración ;)
Saúdos e gracias polo aporte