texto=raw_input('[+] Introduza texto > ');print 'No texto hai',texto.count(' ')+1,'palabras'
Pois ben, o código é extremadamente sinxelo e funcional, todo texto ben escrito, polo xeral ten un espazo despois de cada signo de puntuación. O script basicamente pide que se introduza o texto e o que fai é contar os espazos +1, xa que antes de primeira palabra non hai ese espazo:
texto.count(' ')+1
E saca en pantalla o resultado, é dicer, o número de palabras no texto. Preguntarédevos e... tanto partido lle sacaches? Pois persoalmente, cando fixen o script estaba indo á escola de idiomas (xa choveu) e pedían cada pouco redaccións dun mínimo X de palabras e feitas a ordenador, por que contar as palabras se pode contalas o PC por ti?
Se sodes usuarios de GNU/Linux lembrádevos de engadir ao principio:
#!/usr/bin/env python
Para chamar ao intérprete de python.
Agardo vos poida ser de utilidade.
Saúde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario