domingo, 30 de diciembre de 2012

Fedora non recoñece dispositivo android (Solución para nexus 7) [Android][Fedora]

Boas a todxs,

Este nadal, de autoagasallo, como bo geek tiña que caer algo e caeu, neste caso unha nexus 7. Os primeiros días non fuchiquei moito con ela porque non me chegara a funda, protecto de pantalla e demais e son un tiquismiqui mais, hoxe xa cacharreei todo o que puiden e máis e tiven un problemiña que a base de ler conseguin solucionar. O problema trata, que cando conectaba a tablet ao meu PC con Fedora instalado este non a recoñece. Fedora, é compatíbel con MTP (Media Transfer Protocol) pero non recoñecía o dispositivo en cuestión e conseguin atopar, que, grazas ao ADB (Android Debug Bridge) que é unha ferramenta incluída no kit de desenrolo de Android, que, polo xeral xa vén instalada de serie nas últimas distribucións de GNU/Linux e posteriormente montandoa poderemos conectar sen maior problema. Esta foi a solución.

· Instalamos o necesario

$ sudo yum install -y yum install simple-mtpfs libmtp


· Creamos o udev rules para o nexus 7

martes, 25 de diciembre de 2012

Administración, permisos en GNU/Linux [Básico][Seguridade]

Boas a todxs,

Esta entrada vai adicada a eses autodidactas de GNU/Linux, xente que comeza a empregalo e para repaso de permisos, que é unha parte moi importante na seguridade de GNU/Linux. En windows até o 7 (corríxanme se me equivoco) non era obrigatorio que existise un administrador como tal mais en GNU/Linux sempre foi necesario que existise, especialmente nun SO que tendo permisos podes tocar absolutamente todo. Pois ben, unha das principais cousas que son novidosas ao pasar de windows a gnu/linux moitas veces é o executar un simple script, pois, de xeito default, os arquivos non teñen permiso de execución.

Estou seguro, que quen máis quen menos, en algún tutorial en determinado momento puido ler 'chmod XXX directorio/arquivo' e tirar para adiante ou simplemente entender que con iso se lle dan permisos de algo mais, non se profundizou no tema, como podedes ver, é fundamental que existan por seguridade

Como podemos coñecer que permisos teñen os nosos arquivos ou directorios?

Cifrando/Descifrando con translate [Twitcode XXI][Bash]

Boas a todxs,

Este twitcode é bastante sinxeliño, empregaremos a ferramenta translate para cifrar/descifrar un determinado texto, exemplo, con tor 13:

echo contacto.hackliza@gmail.com | tr 'abcdefghijklmnopqrstuvwxyz' 'nopqrstuvwxyzabcdefghijklm'
O que fai é cambiar cada letra da primeira string pola que ocupa a mesma posición na segunda, así, aplicariamos unha translación de 13 no abecedario como indica o cifrado tor, para descifrar basta con por as strings ao revés.

Poderíanse facer moitos máis exemplos, pero creo que a dinámica é sinxela :P, agardo o atopásedes interesante!

Saúde!