Boas a todxs,
Sinto o retraso da entrada desta semana, por desgraza houbo pouco tempo para facer unha publicación, desta volta traio unha noticia traducida, xa hai sha3!
Para que non o saiba, SHA é un algoritmo de "hash" (cifrado) seguro (Secure Hash Algorithm) que foi deseñado pola Axencia Nacional de Seguridade dos Estados Unidos e publicado pola Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), esta semana finalizou coa última ronda a competición polo 3º estándar deste cifrado e os gañadores foron
KECCAK e a continuación a noticia:
O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) alégrase de anunciar a selección de KECCAK como o gañador da competición de Algorimos Hash Criptográficos SHA-3 e como novo algoritmo de hash SHA-3. KECCAK foi deseñado por unha equipa de criptógrafos de Bélxica e Italia, eles son:
• Guido Bertoni (Italy) of STMicroelectronics
• Joan Daemen (Belgium) of STMicroelectronics
• Michaël Peeters (Belgium) of NXP Semiconductors
• Gilles Van Assche (Belgium) of STMicroelectronics.