viernes, 1 de marzo de 2013

HARDWARE LIBRE [BREVE INTRODUCCIÓN]


Por todos é coñecido o software libre e o proxecto GNU, entre outros. Software de código aberto que nos permite ver exactamente que procesos esta a facer, e podemos compartilo e modificalo ao noso gusto sin ter que rendir contas con ninguén.

Pois de xeito parecido pasa co hardware libre, coa mesma ideoloxía de “compartir e bo” e “entre todos podemos mellorar” que reflexa o termo libre no mundo da informática. No ámbito do hardware libre preténdese crear aparatos electricos e electrónicos e compartir os esquemas, materiais e procedementos que seguimos para crealo.

Este movemento nace a principios do siglo XXI, xa non é algo novedoso, pero si pouco extendido pola pouca informacion dispoñible públicamente e ao mellor tamen pola pouca divulgación e dificultades de tipo material que presenta, ainda que que hoxe en dia cos envios desde o estranxeiro podemos dispoñer de case calquer compoñente electrónico que precisemos para o noso aparato, neste aspecto mellorouse moito.

Alguns proxectos de hardware libre xa creados que mais me chamaron a atencion son:

Aurora 224: Un mezclador DJ multicanal por USB.


OGD1: Tarxeta gráfica PCI.



Impresoras 3D: Son aparatos que nos permiten diseñar pezas de plástico coa forma que precisemos, unha das impresoras mais coñecidas é a Mendel Prusa 2. 


Routers CNC: Son “parecidos” as impresoras 3D, estes diferenciase das impresoras en que no cabezal teñen unha ferramenta cortante que nos permite obter unha forma a partir duna peza mais grande. Usanse en traballos de mecanizado, grabado, etc...


PLACAS DE DESARROLLO: Actualmente estan muy de moda placas programables, xa prefabricadas ou que podemos montar nos mesmos se dispoñemos das ferramentas necesarias, recordemos que é hardware libre.
Estas placas permítenos empezar a desarrollar os nosos proxectos de forma rápida e con pouco traballo comezaremos a ver resultados.

Algunas destas placas son:

-Pinguino: Basada nun microcontrolador PIC con comunicación por USB, reloxo de 20 Mhz, entradas e saidas dixitais, entradas analóxicas, etc...




-Arduino: Seguramente sexa a placa programable mais conocida e documentada, pois counta con unha gran comunidade e diversos modelos de placas que fai que sea todo un éxito http://www.arduino.cc/.

A mais coñecida é a Arduino UNO a evolución da duemilanove, placa coa que iniciaron este proxecto.

Esta basada nun microcontrolador ATMega328, entradas e saidas dixitais, entradas analóxicas, comunicación por USB, ampliable mediante shields(http://shieldlist.org/), etc..
Esta placa pódese programar en ensamblador como calquer microcontrolador ou con un linguaxe desarrollado pola comunidad de arduino que é como C simplificado que facilita bastante a programacion.


-Raspberry pi: É unha placa SBC desarrollada para promocionar as ciencias da computacion, esta placa é en si un pequeno ordenador.
Sacaron dous modelos o A e o B. Podese programar en Perl, Python, C, BBC Basic, ensamblador.



Saudos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario