sábado, 16 de febrero de 2013

Recuperando o password desde o grub [GNU/Linux]

Boas a todxs,

Despois dun tempo desaparecido (portatil estropeado + entroido + exames) volvo por aquí. Esta vez toca unha breve entrada sobre comor recuperar a nosa password da nosa distribución GNU/Linux desde o grub. Concretamente empregara este método para recuperar unha password de root dun Ubuntu 12.04 con grub2.

Aquí temos unha imaxe do grub, temos que entrar en modo edición, como podedes ler faise presionando o 'e'.


Unha vez aquí temos que ubicarnos nunha liña tipo:

    linux /boot/vlinuz-”versiondelkernel” root=.... single


A continuación engadimos ao final, para poder iniciar a shell de bash:

Unha vez aquí temos que ubicarnos nunha liña tipo:

    init=/bin/bash


Agora volvemos iniciar e teremos un prompt á vista o que nos permitirá executar a seguinte orde, o que faremos é remontar a raiz do noso sistema:

    mount -o remount –rw /


Finalmente executamos o seguinte para setear a nosa password de root:

    passwd root


Un método bastante sinxelo que nos pode librar de termos que reinstalar o noso sistema. Agardo vos sexa de utilidade!

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario