Se todo vai ben e a ROM do mobil soporta EXT2 é realmente sinxelo, a aplicación en cuestión é LilDebi, pódese atopar no “Market” tamén libre f-droid
Só hai que instalala, darlle permisos de root cando os pida e darlle a 'Install..'
Despois preguntará polo tamaño da imaxe do sistema de arquivos, 600Megas parece razoable, e xa a fai máis pequena sobre a marcha se non hai espazo.
E xa está, deixadeo que instale conectado e sen que a pantalla se apague
E nada máis, só hai que lanzar o executable `/debian/shell` cando queiramos entrar nel
| |
| Ignorade as dúas primeiras liñas, cousa da configuración do shell |
Só queda preparar o entorno como gostedes
Os problemas
No meu caso ata aquí todo foi ben pero houbo un problema, o sistema de arquivos estaba montado como só lectura!
![]() |
| Xa ía vendo o final do tunel e... |
Para arranxalo podemos facer isto no mobil
# df -h
Filesystem Size Used Available Use% Mounted on
tmpfs 123.0M 32.0K 123.0M 0% /dev
tmpfs 123.0M 0 123.0M 0% /mnt/asec
tmpfs 123.0M 0 123.0M 0% /mnt/obb
/dev/block/stl6 209.1M 161.2M 48.0M 77% /system
/dev/block/stl7 192.4M 123.0M 69.4M 64% /data
/dev/block/stl8 29.1M 32.0K 29.0M 0% /cache
/dev/block/stl4 2.0M 1.2M 815.0K 60% /efs
/dev/block/vold/179:1
3.7G 1.4G 2.3G 38% /mnt/sdcard
/dev/block/vold/179:1
3.7G 1.4G 2.3G 38% /mnt/secure/asec
/dev/block/loop7 591.5M 279.2M 282.3M 50% /debian
tmpfs 123.0M 0 123.0M 0% /debian/tmp
/dev/block/vold/179:1
3.7G 1.4G 2.3G 38% /debian/mnt/sdcard
/dev/block/stl8 29.1M 32.0K 29.0M 0% /debian/cache
/dev/block/stl7 192.4M 123.0M 69.4M 64% /debian/data
/dev/block/stl4 2.0M 1.2M 815.0K 60% /debian/efs
tmpfs 123.0M 0 123.0M 0% /debian/mnt/asec
tmpfs 123.0M 0 123.0M 0% /debian/mnt/obb
/dev/block/vold/179:1
3.7G 1.4G 2.3G 38% /debian/mnt/secure/asec
/dev/block/stl6 209.1M 161.2M 48.0M 77% /debian/system
# Sería este:
/dev/block/loop7 591.5M 279.2M 282.3M 50% /debian
# E remontalo como de escritura
mount -o rw,remount /dev/block/loop7 /debian
Feito isto xa deixaba actualizar, pero o APT daba errors e corrompeu un par de veces a imaxe, despois de restaurar os backups e probar de novo o método que resultou foi descargar a imaxe, lanzarlle o fsck.ext2 e recargala.
adb pull /sdcard/debian.img debian-crashed.img fsck.ext2 -y debian-crashed.img adb push debian-crashed.img /sdcard/debian.img
E... feito!







No hay comentarios:
Publicar un comentario