viernes, 18 de enero de 2013

Administración, permisos en GNU/Linux [II][Seguridade]

Boas a todxs,

Despois deste parón vacacional toca retomar unha das últimas publicacións, os permisos en GNU/Linux. Da outra vez non foi casualidade que falasemos da nomenclatura octal en lugar da simbólica, en primeiro lugar porque esta última é máis intuitiva e porque entendendoa ben resultará máis fácil entender do que imos falar hoxe umask (user mask).

Que é umask? umask é unha función que establece os permisos por defecto de arquivos e directorio. Para saber que máscara temos basta con teclear a función:

$ umask
002 #por exemplo


Isto que quere decir? Que temos os permisos complementarios de 002 en arquivos e directorios, o default (000) en directorios é 777 e en arquivos 666. Cal é o complementario? (En notación binaria e con portas lóxicas e sinxelo de entender, pero non quería extenderme na explicación, se o precisades amplíase isto) pois para directorios 775 e para arquivos 665.

Como podedes ver deste xeito podemos controlar cousas como que, un script recen creado, gardado ou que nos metan no pc non teña permisos de execución entre outras cousas.

Modificar o valor do umask é tan sinxelo como, seguir esa regla a inversa, sabendo os permisos que queremos, calcular o complementario e esa sería a nosa nova máscara. Por exemplo, se quixesemos permisos so de lectura tanto en directorios como en en arquivos teriamos que calcular o complementario de 444, que é 333.

$ umask 333

Agardo gostedes do artigo e que se algo non quedou claro comentedes e amplio a información.

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario