domingo, 4 de noviembre de 2012

Sacando a nosa IP (limpa) por pantalla. [Twitcode XIV][Bash]

Boas a todxs,

Pois o twitcode desta semana serve para sacar a nosa IP limpa por pantalla, sen outros datos que nos da ao facermos un ifconfig, o script é así:

ifconfig | grep inet | grep -v 127.0.0.1 | cut -d: -f2 | cut -d\  -f10

Basicamente facemos un ifconfig no que grazas a grep filtramos por "inet" e grazas a grep -v eliminamos o que nos da a IP local, logo con cut filtramos por ":" e finalmente, tamén con cut, por espazos en branco.

Poderiamos facer un script algo máis grande para que igual que o fai coa IP o fixese para a MAC e outros datos, por exemplo definindo pequenas funcións tipo:

function ipaddress {
    echo -e "\nA nosa direccion IP: `ifconfig | grep inet | cut -d: -f2 | cut -d\  -f10`"
}

Pero bon, supoño que a maioría facemos un ifconfig e filtramos coa vista xD.

Agardo gostasedes, saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario