Nesta entrada vou explicar como
fabricar unha placa de circuito impreso (PCB) con tres productos que
podemos atopar en calquer supermercado:
-Auga oxigenada 10 vol.
-Auga forte (comunmente coñecida como
salfumant); este producto non é mais que ácido clorhídrico diluido
entorno a un 20%.
-Alcohol 96.
É sabido que existen productos
especificos para a fabricación de placas impresas como o cloruro
ferrico, etc.. pero son caros para a cantidade que traen e realizan a
misma función que estes que é a de atacar o cobre que queda exposto
ao líquido.
Este método consiste en transferir un
circuito previamente impreso nun “papel” a unha placa de cobre
que posteriormente atacaremos con unha disolución de auga oxigenada
e auga forte.
Pois... mans a obra....
1. Empezamos por diseñar o circuito
que precisemos para o noso “proxecto” con calquer programa de
diseño de PCB como poden ser o Kicad, PCB 3.0 (en software libre)
ou o Eagle (en soft privativo).
Nesta paxina podedes atopar un conxunto
de programas de diseño de circuitos electrónicos
http://opencircuitdesign.com/
, todos baixo a licencia GNU, GPL ou similar.