sábado, 13 de octubre de 2012

Protocolos nas comunicacións.

Boas a todxs,

Esta semana imos falar de protocolos, a idea de escreber sobre eles veu cando en clase de linguaxe de marcas a xente facía as cousas sen preguntarse "por que?" e cando tocou facer ligazóns a direccións non locais, descargas ou correo, houbo un bloqueo xeralizado por unha chorrada. Moitas veces téndese a estudar sen preguntarse moi ben como funciona o que hai detrás e neste caso, entendendoo resultaría todo máis sinxelo así que vamos definir un pouco que é un protocolo, algún exemplo deles e logo unha breve explicación do seu uso en html.

Que é un protocolo? Pois son unhas normas a seguir á hora de transmitir unha información. Para chamar por telefone existe un protocolo:

· Coller o telefone
· Mirar se hai linea
· Se hai marcar o número
· Esperar a que collan
· Unha vez collan, falar

Ben, a analoxía é unha chorrada, pero se vos parades a pensalo é ben certo, hai unha serie de protocolos a seguir pero facémolos automaticamente, pois nas comunicacións máis do mesmo, existen moitos protocolos, practicamente para cada cousa. Existe unha gran familia de protocolos o TCP/IP (Transmision Control Protocol)/(Internet Protocol) e dentro desa gran familia hai protocolos coma o FTP (File Transfer Protocol), HTTP (HyperText Transfer Protocol), SMTP (Send Mail Transfer Protocol), ... Evidentemente falar de todos sería moi extenso e temos a wikipedia e San Google sempre á nosa disposición, pero falemos un pouquiño de HTTP e do FTP que virán logo nos exemplos.

HTTP, é un protocolo empregado en cada transacción da web que segue un esquema de petición-resposta entre un cliente e un servidor. O cliente efectua unha petición coñecida como "User agent".Á información transmitida chámaselle recurso e se identifica polo "Uniform Resource Locator" (URL). Os recursos poden ser arquivos, o resultado da execución dun programa, unha consulta a unha base de datos, a traducción automática dun documento, ...
Un exemplo de conversa entre cliente e servidor sería así:

GET /index.html HTTP/1.1
Host: www.example.com
User-Agent: nome-cliente

HTTP/1.1 200 OK
Date: Fri, 31 Dec 2003 23:59:59 GMT
Content-Type: text/html
Content-Length: 1221

Páxina principal do host

(Contido) . . .

Poderiamos seguir falando máis en profundidade pero isto xa queda a gusto do consumidor, no segundo caso, o FTP que é un protocolo para a transferencia de arquivos tamén basexado no esquema de cliente-servidor no que un cliente se conecta a un servidor para poder descargar desde el arquivos.

Entón, a que vén todo isto e a que vén falarmos de html polo medio? Pois que non temos que esquecer que lle estamos dando ordes a unha máquina e hai que explicarlle que protocolo ten que usar en cada momento, en html indicase cos arquicoñecidos "http://", "ftp://", e no caso de facer unha ligazón a un correo e que poida ser enviado directamente desde o noso cliente de correo preferido con "mailto:" xa que se non se especifica o protocolo a seguir interpretará que estamos a linkear un arquivo na mesma carpeta e non externo. En resumo, non vos esquezades de






Agardo que o vexades útil e xa sabedes, detrás de cada acción, aínda que non o saibamos sempre hai algo e temos que entender como funciona.

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario